Cabecera

BASES LEGAIS DO CERTAME DE NOVELA INFANTIL JAIME OLMEDO LIMESES

AVÍCOLA DE GALICIA, S.A.U., Sociedade Anónima Unipersoal, domiciliada en Barragáns, 34 – 36157 Campañó (Pontevedra), en diante AVIGAL, xunto con Antela Libros, S.L. (CIF B70975503), Rúa A Barxa, 4 – Vilar de Barrio (Ourense), e IDE Comunicación, S.L. (CIF B27749118), Avenida Atlántida, 56, portal 4, local 6/7 – Vigo (Pontevedra), representada por Paula Gestoso Abraín, con DNI 36116712L, organizan e convocan, no ámbito do seu obxecto social, o I Premio de Literatura Infantil Jaime Olmedo Limeses, en lingua galega, dotado con 3.000 €, todo iso de conformidade co establecido nas presentes bases legais (en diante, as Bases).

 

1. ÁMBITO TERRITORIAL DE APLICACIÓN

O ámbito de aplicación do presente certame é rexional.

 

2. ÁMBITO TEMPORAL DE APLICACIÓN

O certame regulado nestas bases comezará o xoves 23 de outubro de 2025 e finalizará o 17 de maio de 2026, cos prazos específicos indicados nestas bases para cada unha das modalidades: novela e relato.

 

3. MECÁNICA DA PROMOCIÓN

3.1. Requisitos xerais de participación

  • Poderán participar no Certame de Novela Infantil todas as persoas físicas maiores de idade que residan en territorio galego (en diante, os “Participantes de Novela”).
  • Poderán participar no Certame de Relato Infantil todas as persoas físicas menores de 12 anos, sempre que o rexistro na plataforma se realice correctamente da man dun titor legal, pai ou nai do menor participante residente en territorio galego (en diante, os “Participantes de Relato”).

 

3.2. Condicións do Certame de Novela

  1. Os textos presentados deberán ser inéditos, en lingua galega e totalmente orixinais, sen uso de intelixencia artificial, nin total nin parcialmente.
  2. Os orixinais presentaranse en PDF, escritos a dobre espazo, tipografía Arial 12, xustificación completa e cun máximo de 14.000 palabras. O formulario deberá cubrirse debidamente antes do 8 de decembro de 2025 na seguinte ligazón: https://certameliterariojaimeolmedo.com/novela.php.
  3. Xunto co orixinal, presentado baixo lema e sen datos identificativos, cubrirase a plica electrónica co nome completo, DNI, enderezo e teléfono do autor/a, así como o título, unha breve sinopse e unha biografía. A plica da obra gañadora abrirase en presenza do xurado.
  4. O prazo de recepción de orixinais rematará o 8 de decembro de 2025.
  5. O veredicto do xurado farase público no mes de xaneiro de 2026, sábado 17. O premio poderá ser declarado deserto se o xurado así o estima, e a súa decisión será inapelable.
  6. A entrega do premio terá lugar a semana do 17 de maio, coincidindo coa conmemoración do Día das Letras Galegas, no marco da Festa do Premio Avigal de Literatura Infantil e Xuvenil.
  7. Antela Editorial resérvase os dereitos de edición sobre a obra premiada en todas as linguas, coa posibilidade de cedelos a terceiros, podendo publicar a obra sen limitación de exemplares nin de edicións. A primeira edición estará exenta do pagamento de dereitos de autor/a.
  8. O/a beneficiario/a do premio recibirá gratuitamente dez exemplares da obra publicada. O premio estará suxeito á retención fiscal vixente no momento da súa entrega.
  9. Se no prazo de cinco días hábiles non se logra localizar ao premiado/a mediante os datos proporcionados, o premio recaerá sobre a seguinte obra cualificada polo xurado.
  10. Os orixinais non premiados non se devolverán e serán destruídos, reservándose Antela o dereito de publicación sempre que haxa acordo entre as partes.
  11. A participación nesta convocatoria implica a aceptación íntegra das presentes bases e das decisións do xurado.

 

3.3. Condicións do Certame de Relato

  1. Os textos presentados deberán ser inéditos, en lingua galega e totalmente orixinais, sen uso de intelixencia artificial, nin total nin parcialmente.
  2. Presentaranse versión orixinais en PDF, escritos a dobre espazo, tipografía Arial 12, xustificación completa e cun máximo de dúas follas A4. O formulario deberá cubrirse debidamente antes do 17 de abril de 2026 na seguinte ligazón: https://certameliterariojaimeolmedo.com/relato.php.
  3. Xunto co orixinal, presentado baixo lema e sen datos identificativos, cubrirase a plica electrónica co nome completo, DNI, enderezo e teléfono do autor/a, así como o título, unha breve sinopse e unha biografía.
  4. O prazo de recepción de orixinais rematará o 17 de abril de 2026.
  5. O veredicto do xurado, composto polos editores de Antela Editorial, farase público no mes de maio de 2026. O premio poderá ser declarado deserto se o xurado así o estima, e a súa decisión será inapelable.
  6. A entrega do premio celebrarase a semana do 17 de maio, coincidindo coa Festa do Premio Avigal de Literatura Infantil e Xuvenil.

Premios:

  • Para o/a gañador/a: unha tableta Samsung Tab 9 (valorada en 200 €) e un lote de libros valorado en 100 €, co obxectivo de fomentar a paixón pola lectura e a tecnoloxía.
  • Para o profesorado e o centro educativo gañador: o/a docente recibirá un detalle valorado en 100 €, e o colexio un vale de 300 € para a compra de libros en Antela Libros S.L., contribuíndo a alimentar o amor pola lectura entre o alumnado.

  

3.4. Entrega do premio

Antela Editorial resérvase os dereitos de edición sobre a obra premiada en todas as linguas, coa posibilidade de cedelos a terceiros, podendo publicar a obra sen limitación de exemplares nin edicións.
 A primeira edición estará libre do pagamento de dereitos de autor/a.

O/a beneficiario/a do premio recibirá gratuitamente dez exemplares da obra publicada. O premio estará suxeito á retención fiscal vixente no momento da súa entrega, que se efectuará mediante transferencia bancaria desde a editorial ao gañador/a do Certame de Novela.

Se no prazo de cinco días hábiles non se logra localizar ao premiado/a mediante os datos proporcionados, o premio recaerá sobre a seguinte novela cualificada polo xurado.

Os orixinais non premiados non se devolverán e serán destruídos, reservándose Antela o dereito de publicación sempre que haxa acordo entre as partes.

A participación nesta convocatoria implica a aceptación das normas contidas nestas bases e das decisións do xurado asignado para tal efecto.

 

4. ASPECTOS XERAIS DAS PROMOCIÓNS

Os participantes poderán participar tantas veces como o desexen en https://certameliterariojaimeolmedo.com.

Calquera participante que incumpra estas bases será automáticamente descualificado, quedando privado do premio que lle puidese ser concedido e obrigado a restituílo a Avigal no prazo de quinze (15) días desde que lle sexa solicitado.

O mero feito de participar na promoción implica a aceptación das presentes bases sen reserva algunha, as cales quedarán depositadas ante notario do Ilustre Colexio de Notarios de Vigo e poderán ser consultadas en https://certameliterariojaimeolmedo.com/bases.php.

 

5. TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS

En cumprimento do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016 (en diante, RGPD), infórmase que os datos persoais comunicados a Avícola de Galicia, S.A.U. serán incorporados a unha base de datos común titularidade das empresas do GRUPO VALLCOMPANYS, detalladas a continuación:

AVÍCOLA DE GALICIA, S.A.U.
 Barragáns, 34 – 36157 Campañó (Pontevedra)
 Teléfono: +34 986 833 100
Correo electrónico: avigal@avigal.es

Contacto para protección de datos:
Para calquera asunto relacionado co tratamento de datos persoais por parte das empresas do GRUPO VALLCOMPANYS, poderá dirixirse ao correo electrónico protecciondedatos@vallcompanys.es ou ao Delegado de Protección de Datos: dpd@vallcompanys.es.

  

6. MODIFICACIÓNS DAS BASES E/OU ANEXOS

Avigal resérvase o dereito de realizar modificacións —incluíndo a cancelación ou suspensión anticipada do presente certame— e/ou engadir anexos sucesivos a estas bases, publicándoas sempre no sitio web oficial.

 

7. FISCALIDADE DOS PREMIOS

Os premios outorgados estarán suxeitos á Lei 35/2006, do 28 de novembro, do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) e demais disposicións concordantes.

Corresponderalle a Avigal realizar o ingreso a conta ou a retención procedente.
De acordo co artigo 101.7 da citada lei e o artigo 75.3.f) do seu regulamento, Antela Libros, S.L. practicará a retención ou ingreso a conta correspondente para os premios que superen os 300 € en efectivo ou os 250 € en especie.

Os premios terán a consideración de ganancias patrimoniais non xeradas pola transmisión de elementos patrimoniais, e deberán incluírse na declaración do IRPF do gañador.

Avigal expedirá a certificación correspondente para facilitar o cumprimento das obrigas fiscais do premiado, aplicando unha retención do 21% sobre o valor do premio.

O non goce do premio non eximirá o participante da súa obriga tributaria.

 

8. ACEPTACIÓN DAS BASES

A participación no certame implica a aceptación íntegra e expresa das presentes bases e das decisións interpretativas que poida efectuar Avigal.

 

9. LEI E XURISDICIÓN APLICABLES

A interpretación e cumprimento destas bases rexeranse pola lexislación española.
Serán competentes para coñecer calquera litixio derivado desta promoción os Xulgados e Tribunais de Vigo.