III Certame Literario Jaime Olmedo Limeses

Avigal presenta a

III edición do Certame Literario Jaime Olmedo Limeses en galego:
Novela e Relato Infantil.

Avigal, en colaboración con Antela Editorial, presenta a terceira edición do Certame Literario Jaime Olmedo Limeses, unha iniciativa para promover a creación literaria en galego e achegar novas historias ás xeracións máis novas.

Nesta convocatoria poderás participar nas categorías de novela infantil, para maiores de 18 anos, e relato infantil, para menores de 12 anos. Consulta as bases e presenta a túa obra dentro do prazo.

A entrega do premio terá lugar o 15 de maio de 2027, nunha xornada para celebrar o talento, a creatividade e o amor pola lingua galega.

Dende Avigal animámosvos a compartir as vosas historias e a contribuír a que este certame continúe medrando.


Avigal é moito máis que unha marca: é compromiso coa nosa cultura, orgullo pola nosa lingua e respecto polas nosas raíces.

Seguimos apostando polo noso, seguimos medrando con Galicia.

thumb
Certame

Novela

Dirixido a maiores de 18 anos. Deberán redactar unha novela infantil en galego.

thumb
Certame

Relato Infantil

Para participantes menores de 12 anos. Deberán escribir un relato curto en galego.